Thursday 02 de May de 2024

Todocosmos chega novamente a Ordes


Este vindeiro venres Ordes acollerá a primeira das citas. A segunda terá lugar na parroquia de Lesta unha semana despois
Todocosmos regresa a Ordes por cuarto ano consecutivo. A primeira xornada terá lugar este venres, 7 de setembro, ás 22 horas no colexio Campomaior. A segunda será nas inmediacións do local social de Lesta o venres 14 de setembro á mesma hora. A asistencia será de balde e non se require inscrición previa.

O dito programa astronómico está dirixido a todo tipo de público. Conta con persoas expertas na materia para ofrecer as explicacións necesarias e resolver todas as dúbidas que se formulen. Ademais, achegarán todo o material necesario e potentes microscopios de longo alcance para a correcta observación dos planetas, astros e estrelas.

Ademais do Concello de Ordes, en Todocosmos colaboran o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Santiago de Compostela, así como o Observatorio Astronómico Ramón María Aller.